A CAMERATA VOCAL DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA convoca audicións en todas as súas cordas para novos proxectos na temporada 2011.
Os candidatos terán que realizar unha audición consistente no seguinte:
-Unha proba de vocalización co fin de comprobar as características da voz.
-Interpretación dunha canción de estilo libre; pode ser, se é o caso, unha peza de repertorio (lied, canción de concerto)
Despois de superar a audición, o cantante incorporarase ao coro en período de proba que durará tres meses como máximo.
É moi conveniente ter experiencia coral e coñecementos musicais, dado o ritmo de ensaios. O compromiso de asistencia puntual resulta indispensable, tendo en conta o reducido número de ensaios e a complexidade do repertorio que se pretende tratar.
Ensaiamos 2 ou 3 veces ao mes na antiga escola de Maxisterio (campus de Riazor) os sábados en horario de 11.00 a 14.00 h. Á parte do traballo técnico que se realiza en cada ensaio, contamos cunha clase de canto que ten lugar habitualmente os martes de 20.00 a 22.00 h. cada quince días. É impartida por Maite Bárbara, profesora titular de canto no Conservatorio Superior de Música da Coruña.
O repertorio centrarase fundamentalmente na música coral de diferentes épocas da Historia da Música, se ben se poderá incluír algunha manifestación máis próxima á xente nova, da que esperamos que nos apoie coa súa asistencia aos concertos.
Coa idea de potenciar o aspecto formativo, está prevista a organización dun obradoiro de canto coral cun prestixioso mestre internacional.
As persoas interesadas poden enviar os seus datos ao seguinte enderezo:
aula.musica@udc.es
No hay comentarios:
Publicar un comentario