sábado, 11 de septiembre de 2010

CONVOCATORIA DE SELECCIÓN DE VOCES

O CORO DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA convoca una proba de selección de voces. A audición consistirá na interpretación dunha canción de libre elección e a entonación dunhas escalas. Necesitamos preferentemente persoas con coñecementos musicais (lectura, canto) e/ou con experiencia coral. Os/as interesados/as poden enviar un correo electrónico ao enderezo seguinte: aula.musica@udc.es

O repertorio centrarase fundamentalmente na música coral de diferentes épocas da Historia da Música, se ben se poderá incluir algunha manifestación máis próxima á xente nova, da que esperamos que nos apoie coa súa asistencia aos concertos.

Coa idea de potenciar o aspecto formativo, está prevista a organización de actividades didácticas como clases de canto e un obradoiro de canto coral cun prestixioso mestre internacional.

Os ensaios desenvolveranse, en principio, en dúas sesións ao mes, en sábados alternos de 11.00 a 14.00 h.

A presentación desta nova etapa do Coro terá lugar o 21 de Outubro ás 20.30 h. na igrexa da Orde Terceira (Cidade Vella), cun programa titulado "Dúas pontes entre o Renacemento e o noso tempo". A entrada é libre; agardamos a vosa asistencia.