jueves, 18 de junio de 2009

CONCERTO FIN DE CURSO 2009

Antes do concerto



O 18 de Xuño, acompañados ao piano por Rubén Alvar, ofrecimos o noso Concerto de Fin de Curso no marco da Igrexa da Venerable Orde Terceira. Baixo o título "De Amor e Natureza" presentamos un variado programa composto por unha selección de pezas do Renacemento e do Barroco europeos e unha mostra da amplia literatura coral universal:


I: Renacemento e Barroco en Europa

Anónimo S. XV: Din di Rin (do Cancionero de Palacio)
Anónimo S. XVI: Soy Serranica (do Cancionero de Uppsala)
Josquin Desprez (c. 1440-1521): El grillo
John Farmer (1565-1605): Fair Phyllis I saw
Jean-Phillippe Rameau (1683-1764): Hymne à la Nuit
Solista : María Blanco Moar (soprano)
Henry Purcell (1658-1695) : The Mavis


II: Música Coral Universal

Tradicional EEUU: Shenandoah
Arranxo de Michael Neaum

Gabriel Olaizola (1891-1973): Aurtxoa Seaskan
Texto de Claudio Sagarzazu
Adaptación coral de Julián Jesús Pérez

Solistas: María Blanco Moar (soprano)
e Carlos Regalado Urbina (tenor)

Carlos Guastavino (1912-2000): Se equivocó la paloma
Texto de Rafael Alberti

Mykola Leontovych (1877-1921): Schedrik

Leonard Bernstein (1918-1990): West Side Story (selección)
Arranxo coral de William Stickles
- Tonight
- One hand, one heart
- America

CORO UNIVERSITARIO DA CORUÑA
RUBÉN ALVAR, PIANO
JULIÁN JESÚS PÉREZ, DIRECTOR

lunes, 15 de junio de 2009

III CICLO DE NOVOS INTÉRPRETES (2)

Ao remate do concerto
Nota de prensa no diario El Ideal Gallego

Reportaxe no diario La Voz de Galicia

III CICLO DE NOVOS INTÉRPRETES


O pasado día 13 de xuño tivo lugar o Concerto de Clausura do III Ciclo de Novos Intérpretes que organiza a Aula de Música da Vicerreitoría de Cultura e Comunicación da Universidade da Coruña. No presente curso 2008-2009 tivo especial relevancia: interveu a Orquestra de Cámara da UDC xunto ao Coro Universitario da Coruña, o Coro de Cámara da Coruña e os novos solistas galegos Mónica Pérez (soprano), Pablo M. Carreira (contratenor) e Pedro M. Tapia (barítono). Baixo a dirección de Julián Jesús Pérez interpretaron o seguinte programa:

I
G. F. HÄNDEL: Suite en Re Maior de Música Acuática
E. GRIEG: "Primavera" de Dous melodías elexíacas
A. GAOS BEREA: Suite ao xeito antigo

II
H. PURCELL: "Come ye, sons of Art"
(Ode for the Birthday of Queen Mary)

Lugar: Auditorio do Conservatorio Profesional de Música da Coruña
Hora: 20.30 h.