miércoles, 14 de enero de 2009

SELECCIÓN DE VOCES PARA O CORO UNIVERSITARIO


Despois dun concerto en Gdynia (Polonia), Agosto de 2008

O Coro Universitario da Coruña abre un prazo de inscrición de novos cantores.

Se queres cantar connosco podes enviarnos un email ao seguinte enderezo:

corounicoruna@hotmail.es

Temos vacantes en todas as cordas. Para atender os compromisos do curso 2008-2009 necesitamos:

- 1 soprano
- 4 contraltos
- 1 tenor
- 2 baixos

Para esta temporada imos preparar fundamentalmente un programa de música coral universal, e mesmo afrontaremos o estudo dunha obra con solistas e orquestra representativa do Barroco inglés.

Programa de Música Coral Universal:
Obras do Renacemento, do Barroco e do Romanticismo europeos
Cantigas galegas
Cancións latinoamericanas
Fragmentos de comedias musicais (con acompañamento de piano)

Inscricións: até o 31 de xaneiro de 2009

Condicións:
- Coñecementos musicais (lectura, canto)
- Valoraráse a experiencia coral previa
- Audición (escalas, canción de estilo libre)
- Responsabilidade (asistencia puntual e seriedade nos ensaios)
- Dispoñibilidade para ensaiar os martes e os xoves entre as 19.45 e as 21.30 h.

ENSAIOS:
MARTES E XOVES DE 19.45 A 21.30
NA ANTIGA ESCOLA DE MAXISTERIO (CAMPUS DE RIAZOR, AO CARÓN DO INSTITUTO MASCULINO)