domingo, 14 de marzo de 2010

OBRADOIRO CON JAVI BUSTO







A experiencia de traballar baixo a man de Javi Busto quedará marcada para sempre na nosa traxectoria como algo "fácil de sentir y difícil de explicar", como se di nunha coñecida zarzuela. A súa implicación foi total, e o seu bó facer non se limitou a traballar de xeito engaiolante para nós o repertorio previsto. Compuxo una preciosa peza sobre un texto de Rosalía de Castro adicada a nós (e montouna para presentala na conferencia-concerto), regalounos moi bós consellos e charlou connosco durante dúas horas.
O seu discurso na conferencia-concerto foi claro, directo e cheo de contidos moi interesantes. As caras do público reflectíron o interese que despertou en eles todo o que dicía: atendían, participaban e incluso cantaron connosco un fragmento de "Nerea Izango zen", unha fermosa canción de Mikel Laboa sobre texto de J.A. Artze, arranxada por Javi para coro mixto.
O mellor de todo é a súa maneira de facer música e a súa humanidade, dúas caras dunha mesma moeda que fan de Javi Busto unha persoa verdadeiramente entrañable.