viernes, 4 de septiembre de 2009

NOVA ETAPA DO CORO

A víspera da viaxe a Polonia


O Coro da Universidade está a vivir unha etapa de cambios sustanciais. Buscamos xente con experiencia coral e coñecementos musicais (canto, lectura musical) que estén dispostas/os a ensaiar unha vez cada quince días, os sábados en horario de 11.oo a 14.oo h. na Normal (antiga Escola de Maxisterio). A idea a apostar por un repertorio amplio e de calidade, tanto "a capella" como con orquestra ou grupo instrumental.

corounicoruna@hotmail.es

O 2009-2010 preséntase como un curso interesante: para esta temporada imos preparar un programa de música coral do Renacemento e do Século XX e mesmo afrontaremos o estudo dunha obra representativa do Barroco inglés para solistas, coro e orquestra. Por outra banda, estudarase a posibilidade de realizar un intercambio con outro coro universitario.

Incorporamos voces nas cordas de contralto, tenor e baixo.

Condicións:

- Valoraranse os coñecementos (canto, lectura musical) e a experiencia coral previa
- Audición (escalas, canción de estilo libre)
- Responsabilidade (asistencia puntual e seriedade nos ensaios)
- Dispoñibilidade para ensaiar nos horarios indicados.

Solicítanse créditos de libre elección pola asistencia e aproveitamento dos ensaios e demais actividades.

Non dubides en consultarnos por correo electrónico o que precises. ¡Agardámoste!