jueves, 31 de julio de 2008

CONCERTO DE FIN DE CURSO 2008 - 29 de maio

Cantando no Concerto de Fin de Curso 2007-2008
na Igrexa da Venerable Orde Terceira


Nesta ocasión contamos coa colaboración da prestixiosa pianista Irina Moriatova. O primeiro bloco, centrado na música relixiosa, estivo composto por un himno gregoriano, un motete de Victoria e un espiritual negro. A continuación interpretamos música profana "de autor", malia vencellada á tradición de distintas xeografías: Alemaña, Galicia, Cuba, Colombia, Irlanda e Estados Unidos.

O repertorio foi o seguinte:
"Veni Creator Spiritus" de R. MAURO
"Gaudent in caelis" de T.L. de VICTORIA
"I´m gonna sing", Negro Spiritual

"Abschied vom Walde" de F. MENDELSSOHN
Texto: Joseph von Eichendorff
"María Soliña" de A. PAZ VALVERDE
Texto: Celso Emilio Ferreiro
"Prende, salgueiriño, prende" de E. LEDE
Texto: tradicional - Solista: María Barcea
"El arroyo que murmura" (Cuba) de J. ANCKERMANN
Arranxo: Electo Silva
"Bullerengue" (Colombia) de J. A RINCÓN
Texto: Jorge Artel - Solista: Carlos Regalado

"Irish Blessing", Tradicional
Arranxo: Bob Chilcott
De West Side Story de L. BERNSTEIN
Texto: Stephen Sondheim / Arranxo: William Stickles
- Tonight
- One hand, one heart
- America

INTERCAMBIOS CORAIS 2008 - Primeira fase


Xa falamos do concerto de Vigo, que supuxo a primeira fase de intercambio co Coro Universitario desta cidade. Pero non foi o único...
Concertos da Coral Universitaria de Murcia: 1 e 3 de maio


A Coral Universitaria de Murcia na Igrexa
da Venerable Orde Terceira. A Coruña

A Coral visitou Galicia na ponte do primeiro de maio. Actuou na Venerable Orde Terceira da Coruña e en San Francisco de Betanzos.


Concertos do Coro Universitario
da Akademii Morskiej de Gdynia, Polonia:

Este excelente coro e o seu director, Karol Hilla, ofreceron dous concertos nas igrexas de San Francisco de Betanzos (14 de xullo) e da Venerable Orde Terceira da Coruña (15 de xullo). Finalizaron cantando a Misa do Peregrino e un terceiro concerto na Catedral de Santiago de Compostela (17 de xullo). As súas intervencións foron moi aplaudidas e valoradas.

O Coro Universitario da Akademia Morska

na Catedral de Santiago de Compostela

Dedicamos os dous primeiros días a ensinarlles a nosa cidade. Tamén organizamos algunhas excursións: na primeira estivemos en Verdes, Pontedeume, Mugardos e Ferrol; na segunda visitamos Muros, vimos o hórreo de Lira, nos bañamos na praia de Carnota e chegamos ata o faro de Fisterra. No "finis terrae" pasamos frío, pero pagou a pena. E non podía faltar un longo paseo polas rúas da Cidade Vella de Santiago.

CONCERTOS NA PRIMAVERA 2008

Concerto de Primavera 2008: 12 de abril



Parroquia de S. Francisco de Asís (A Coruña)


Compartido coa Orquestra de Cámara da UDC. Interpretamos as seguintes obras:

"Veni Creator Spiritus", de R. Mauro
"O occhi, manza mia", de O. di Lasso
"Ce mois de May", de C. Jannequin
"María Soliña", de A. Paz Valverde
Texto: Celso Emilio Ferreiro
"Prende, salgueiriño, prende", de E. Lede
Texto: Tradicional
"El arroyo que murmura" (Guajira cubana), de J. Anckermann
Arranxo: Electo Silva
"Bullerengue" (Ritmo colombiano) de J. A. Rincón
Texto: Jorge Artel


Encontro de Coros: 19 de abril de 2008



Auditorio "Martín Códax" do Conservatorio Superior de Vigo


O feito de compartir este concerto co Coro Universitario de Vigo foi unha grata experiencia. A cita, celebrada no O Auditorio “Martín Códax” do Conservatorio Superior de Música de Vigo, congregou a numeroso público que aplaudiu con entusiasmo ás dúas agrupacións. Pola nosa banda, repetimos o programa do día 12, a excepción do "Veni Creator", e interpretamos dúas pezas co acompañamento pianístico de José Manuel Yáñez Carballeira:

"Irish Blessing", Tradicional de Irlanda
Arranxo: Bob Chilcott
"Caresse sur l´océan", da película Les choristes, de Bruno Coulais

XII Encuentro de Música Coral “Fonseca”: 9 de maio de 2008

O Coro "Sancta Maria Maris" invitounos a participar neste encontro coral que, no marco da Igrexa dos Jesuitas, celebraba a súa duodécima edición. Actuamos no concerto inaugural do ciclo.

SAN TOMÉ DE AQUINO 2008 - 28 de xaneiro

Coro Universitario da Coruña
e Orquestra de Cámara da UDC
Nesta ocasión a Orquestra de Cámara da UDC interpretou un breve concerto integrado por obras dos compositores galegos José Castro "Chané", Xoan Montes, Rogelio Groba e Marcial del Adalid. O Coro Universitario interveu na interpretación do "Gaudeamus Igitur" e do Himno Galego.
Ao longo do curso 2007-2008 actuamos en diversos actos académicos e institucionais: no Acto de Apertura do Curso Académico (Paraninfo), no Acto de S. Raimundo de Peñafort (Facultade de Dereito), no Acto de Graduación do alumnado do INEF (Paraninfo) e no Acto de Despedida das promocións de Enxeñería Informática (Facultade de Informática).

CONCERTO DE NADAL 2007 - 20 de Decembro


Uns días máis tarde fixemos un Concerto de Nadal na Igrexa de Santiago compartido co Coro de Cámara da Coruña. O programa foi o seguinte:

"Campana sobre Campana", Tradicional de Andalucía
Arranxo: L. Farreny / Revisión: José Ramón Sierra
"Aurtxoa Seaskan" de G. de Olaizola
Adaptación: Julián Jesús Pérez
"Canto de Berce" de Rogelio Groba
"Away in a manger", Tradicional de Inglaterra
Arranxo: James Spilman
"Adeste, Fideles", de J. Reading
"Velo qué bonito", Tradicional de Colombia
Arranxo: Dante Andreo

miércoles, 30 de julio de 2008

GALA LÍRICA 2007 - 17 de Decembro

GALA LÍRICA: A ÓPERA NO BARROCO E NO CLASICISMO
“No 400 Aniversario da estrea de L´Orfeo de Claudio Monteverdi”



Desde o comezo do curso 2007-2008 traballamos moito para preparar dous repertorios ben diferentes. Neste concerto presentamos unha selección de coros e esceas de ópera do Barroco e do Clasicismo: L´Orfeo de Monteverdi, Dido and Aeneas de Purcell, Don Giovanni de Mozart e Orfeo ed Euridice de Gluck. Foi un pracer cantar conxuntamente co Coro de Cámara "Si vis me canere" de Santiago de Compostela, e mesmo coa soprano Olga Raíces, o tenor Pablo Carballido e o barítono Fernando Enseñat-Berea.

CURSO 2006-2007

FIN DE CURSO 2006-2007


Programa do concerto do 24 de Maio de 2007 na Coruña
No centro de Porto

Agardando polo metro en Vila Nova de Gaia
Cantando no Porto
Igrexa de Nossa Senhora da Campanhà

O Coro da Universidade Portucalense (Portugal) organizou para nós un concerto na Igrexa de Nossa Senhora da Campanhà, que tivo lugar o 19 de maio de 2007. Alí estivemos e alí cantamos o programa do Concerto de Fin de Curso 2006-2007 que repetimos o 24 de maio na Igrexa da Venerable Orde Terceira da Coruña.

CONCERTO DE NADAL´2006


Na nova etapa do Coro, que se iniciou en outono de 2004, este concerto supuxo o noso debut. Participaron o Coro de Cámara da Coruña e a Orquestra de Cámara da Universidade da Coruña, que tamén debutaba ese día. O noso programa foi o seguinte:

Verbum Caro Factum Est, de Mateo Flecha (S. XVI)
Aurtxoa Seaskan, de José de Olaizola
Adaptación de Julián Jesús Pérez
Solista: Maite Bárbara
Campana sobre Campana - Trad. de Andalucía
Arranxo de L. Farreny e revisión de J.M. Sierra
Canto de Berce, de Rogelio Groba

O concerto rematou cunha actuación conxunta dos dous coros e a orquestra. Interpretamos o "Gloria in excelsis Deo" do Gloria en Re maior de A. Vivaldi.