viernes, 15 de octubre de 2010
CONCERTO DE PRESENTACIÓN DA CAMERATA VOCAL DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA - 21 de Outubro de 2010 - 20.30 h. na Igrexa da V. Orde Terceira (A Coruña)
O Coro Universitario da Coruña, creado en 1990 polo seu director actual, Julián Jesús Pérez, e dirixido posteriormente por Ramiro Cartelle e Marta Castanedo, iniciou no curso 2004-2005 unha nova etapa que se define pola renovación total dos seus compoñentes. Desde entón, e ata o curso 2008-2009, veu traballando co máximo interese. Froito desta época son, entre outras, as seguintes realizacións:
- Maio de 2007: Concerto en Porto (Portugal)
- Decembro de 2007: Gala Lírica de ópera barroca e clásica coa Orquestra de Cámara da Universidade da Coruña e solistas vocais
- Agosto de 2008: Xira por Polonia, participación en dous festivais de música (Gdynia e Wladyslawowo) e concerto en Gdansk
- Xuño de 2009: Montaxe e interpretación da Oda "Come ye, Sons of Art away" de Henry Purcell coa Orquestra de Cámara da Universidade e solistas vocais
Tanto a evolución natural da formación como as necesidades que brotan da dinámica interna do Coro suxiren a súa oportuna transformación nun auténtico proxecto coral baixo o nome de CAMERATA VOCAL DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA.
En marzo de 2010 participou nun Taller de Música Coral Contemporánea e Conferencia-Concerto xunto ao Coro de Cámara da Coruña, baixo a batuta de Javier Busto, prestixioso director e compositor coral, como director invitado.
Este concerto supón a súa presentación pública.
COMPOÑENTES
Sopranos: María Blanco Moar, Serena Iannone,
Olga Raíces Silva, Tania Varela López
Contraltos: María Barcea Penas, Ángela Blanco Moar,
Ileana Delgado
Tenores: Javier Blanco, Francisco Javier Prego Martínez,
Carlos Regalado Urbina
Baixos: Juan José Raíces Silva, Borja Iturbe Sánchez de Movellán,
José Francisco Saavedra López-Sancho
PROGRAMA
DÚAS PONTES ENTRE O RENACEMENTO E O NOSO TEMPO
Dous Motetes:
T.L. de VICTORIA (1548-1611)
- Gaudent in caelis
- O Quam Gloriosum
Negro Spiritual:
Swing Low, sweet chariot
Arr. William DAWSON (1899-1990)
Soprano solista: María Blanco Moar
* * *
Dous Madrigais:
G. P. da PALESTRINA (1525-1594)
- Nessun vise giammai
Texto de Francesco Petrarca
- O che splendor
Música española do século XX sobre textos poéticos:
Julián Jesús PÉREZ (1965)
Unha vez (estrea)
Texto de Celso Emilio Ferreiro
Recitado: Ángela Blanco Moar
Cristófor TALTABULL (1888-1964)
Madrigal
Texto de Pere Serafí
Javier BUSTO (1949)
Esta tierra
Texto de Francisco Pino
Javier BUSTO
Rosalía de Castro: un poema
Texto de Rosalía de Castro
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario