martes, 17 de febrero de 2009

SOAMOS NOS ACTOS ACADÉMICOS


O 13 de febreiro de 2009 actuamos no Salón de Actos da Facultade de Dereito, ao remate do Acto Académico de San Raimundo de Peñafort. O programa foi o seguinte:

Anónimo S.XV
Din di rin (do Cancionero de Palacio)

Josquin Desprez (c. 1440-1521)
El grillo

Jean-Phillippe Rameau (1683-1764)
Hymne à la Nuit

Felix Mendelssohn (1809-1847)
Abschied vom Walde

Como colofón, interpretamos o "Gaudeamus Igitur"
e o Himno Galego.

miércoles, 14 de enero de 2009

SELECCIÓN DE VOCES PARA O CORO UNIVERSITARIO


Despois dun concerto en Gdynia (Polonia), Agosto de 2008

O Coro Universitario da Coruña abre un prazo de inscrición de novos cantores.

Se queres cantar connosco podes enviarnos un email ao seguinte enderezo:

corounicoruna@hotmail.es

Temos vacantes en todas as cordas. Para atender os compromisos do curso 2008-2009 necesitamos:

- 1 soprano
- 4 contraltos
- 1 tenor
- 2 baixos

Para esta temporada imos preparar fundamentalmente un programa de música coral universal, e mesmo afrontaremos o estudo dunha obra con solistas e orquestra representativa do Barroco inglés.

Programa de Música Coral Universal:
Obras do Renacemento, do Barroco e do Romanticismo europeos
Cantigas galegas
Cancións latinoamericanas
Fragmentos de comedias musicais (con acompañamento de piano)

Inscricións: até o 31 de xaneiro de 2009

Condicións:
- Coñecementos musicais (lectura, canto)
- Valoraráse a experiencia coral previa
- Audición (escalas, canción de estilo libre)
- Responsabilidade (asistencia puntual e seriedade nos ensaios)
- Dispoñibilidade para ensaiar os martes e os xoves entre as 19.45 e as 21.30 h.

ENSAIOS:
MARTES E XOVES DE 19.45 A 21.30
NA ANTIGA ESCOLA DE MAXISTERIO (CAMPUS DE RIAZOR, AO CARÓN DO INSTITUTO MASCULINO)

martes, 16 de diciembre de 2008

CONCERTO DE NADAL 2008


Ao remate do concerto


O 18 de decembro na Igrexa da Venerable Orde Terceira tivo lugar o tradicional Concerto de Nadal 2008 da Universidade da Coruña, que contou coa participación do Coro Universitario e a Orquestra de Cámara da UDC e a colaboración da soprano solista Maite Bárbara, todos eles dirixidos por Julián Jesús Pérez.

O programa interpretado foi o seguinte: iniciamos o concerto con tres breves pezas do Cancioneiro de Uppsala (S. XVI) para continuar cunha mostra de panxoliñas do mundo. En primeiro lugar, unha fermosa armonización de "Los campanilleros" (tradicional de Andalucía) , para seguir coa ucraniana "Schedrik", de Mykola Leontovych (1877-1921) e as doces harmonías de "White Christmas", de Irving Berlin (1888-1989). Finalizamos esta primeira parte cunha panxoliña colombiana: "Velo qué bonito", en arranxo de Luis A. Escobar e adaptación de Dante Andreo.
Na segunda parte presentamos a Suite en Re Mayor de Water Music HWV 349, de G.F. Händel (1685-1759), para continuar con fragmentos de cantatas, de óperas e de oratorios do Barroco e do Clasicismo:

J.S. BACH (1685-1750)
«Jesus bleibet meine Freude », coral da Cantata 147

G.F: HÄNDEL (1685-1750)
« Ombra mai fu » da ópera Xerxes

A.VIVALDI (1678-1741)
Do Gloria en Re Maior
- Gloria in excelsis Deo
- Domine Deus

W.A. MOZART (1756-1791)
« Laudate Dominum » de Vesperae Solennes de Confessore

CORO UNIVERSITARIO DA CORUÑA
ORQUESTRA DE CÁMARA DA UDC
SOPRANO SOLISTA: MAITE BÁRBARA
DIRECTOR: JULIÁN JESÚS PÉREZ

miércoles, 10 de diciembre de 2008

ENCONTRO DE COROS UNIVERSITARIOS 2008

Coro Universitario de Vigo


Coro Universitario da Coruña

Despois da excelente acollida que no brindou o Coro Universitario de Vigo na pasada primavera, a Aula de Música da Universidade da Coruña organizou un novo Encontro de Coros Universitarios cun concerto que se celebrou o 13 de decembro de 2008 na Igrexa da Venerable Orde Terceira e no que interviron as formacións corais das dúas universidades.

O programa interpretado foi o seguinte:


CORO UNIVERSITARIO DA CORUÑA
Director: Julián Jesús Pérez

Do Cancionero de Uppsala - Anónimo S. XVI
- Verbum caro factum est
- No la debemos dormir
- Dadme Albricias

Los campanilleros - Tradicional Andalucía
Arranxo: Fernando Montero

Schedrik - Mykola LEONTOVICH (1877-1921)

White Christmas - Irving BERLIN (1888-1989)
Arranxo: Hector McCarthy

Velo qué bonito - Tradicional Colombia
Arranxo: Luis Antonio Escobar
Adaptación: Dante Andreo

Piano: Rubén Alvar


CORO UNIVERSITARIO DE VIGO
Directora: Nuria Lorenzo


De Oberto, Conte di San Bonifacio - G. VERDI (1813-1901)
- Di vermiglia
- Fidanzata
- Dove l´astro

- Li vedeste

De Il Trovatore - G. VERDI
- Vedi, le fosche notturne

De Nabucco - G. VERDI
- Va, pensiero

Piano: Jesús Moares

viernes, 3 de octubre de 2008

VIAXE A POLONIA - AGOSTO DE 2008

Nun antigo buque-escola

Participamos na Gdynski Sezón Chóralny "Cantemus Omnes" 2008 ...
Aula Glowna da Akademia Morska, Gdynia
12 de agosto de 2008

... e no XXXVI Letnie Koncerty Organowe i Kameralne
we Wladyslawowie

Na Igrexa Wniebowziecia NMP, Wladyslawowo
14 de agosto de 2008

Na Igrexa de S. Pedro e S. Pablo, Gdansk
15 de agosto de 2008

Todos os concertos son importantes, pero a actividade estrela do curso 2007-2008 foi a xira de concertos polo norte de Polonia, xunto ao Mar Báltico. Acompañados pola pianista Irina Moriatova, fixemos tres concertos nas cidades de Gdansk, Gdynia e Wladyslawowo, organizados polo Coro da Akademia Morska (Escola Superior de Náutica) de Gdynia. Foron uns días inesquecibles. O público agradeceu as nosas interpretacións poñéndose en pé ao remate dos concertos.

SOAMOS NOS ACTOS ACADÉMICOS



Nestes anos intervimos nos actos de Apertura do Curso, nos Actos conmemorativos da Festividade de San Tomé de Aquino (xunto á Orquestra de Cámara da UDC) e mesmo no Acto de investidura como doutor "honoris causa" de Isaac Díaz Pardo 0 26 de xaneiro de 2007.

Ao longo do curso 2007-2008 participamos, ademáis, nos seguintes actos:

* Conmemoración de S. Raimundo de Peñafort
Salón de Actos da Facultade de Dereito
A Coruña, 15 de febreiro de 2008

* Graduación do alumnado do INEF
Paraninfo da Reitoría
A Coruña, 16 de Maio de 2008

* Despedida das promocións de Enxeñería Informática
Salón de Actos da Facultade de Informática
A Coruña, 28 de xuño de 2008

jueves, 31 de julio de 2008

CONCERTO DE FIN DE CURSO 2008 - 29 de maio

Cantando no Concerto de Fin de Curso 2007-2008
na Igrexa da Venerable Orde Terceira


Nesta ocasión contamos coa colaboración da prestixiosa pianista Irina Moriatova. O primeiro bloco, centrado na música relixiosa, estivo composto por un himno gregoriano, un motete de Victoria e un espiritual negro. A continuación interpretamos música profana "de autor", malia vencellada á tradición de distintas xeografías: Alemaña, Galicia, Cuba, Colombia, Irlanda e Estados Unidos.

O repertorio foi o seguinte:
"Veni Creator Spiritus" de R. MAURO
"Gaudent in caelis" de T.L. de VICTORIA
"I´m gonna sing", Negro Spiritual

"Abschied vom Walde" de F. MENDELSSOHN
Texto: Joseph von Eichendorff
"María Soliña" de A. PAZ VALVERDE
Texto: Celso Emilio Ferreiro
"Prende, salgueiriño, prende" de E. LEDE
Texto: tradicional - Solista: María Barcea
"El arroyo que murmura" (Cuba) de J. ANCKERMANN
Arranxo: Electo Silva
"Bullerengue" (Colombia) de J. A RINCÓN
Texto: Jorge Artel - Solista: Carlos Regalado

"Irish Blessing", Tradicional
Arranxo: Bob Chilcott
De West Side Story de L. BERNSTEIN
Texto: Stephen Sondheim / Arranxo: William Stickles
- Tonight
- One hand, one heart
- America